02. agosto 2018 - 21:30 hasta 23:30
Compartirlo en:

Ribera Sacra Jazz Orquestra | Lugo | jueves, 02. agosto 2018

«Entre todos temos que potenciar a marca Ribeira Sacra e o jazz pode ser un perfecto vehículo para conseguilo»
Froito da colaboración dos músicos Iñaki Askunze (Pamplona) e Miguel Rodríguez (Monforte de Lemos) nace no ano 2011 RIBEIRA SACRA JAZZ ORQUESTRA. Coa participación da Deputación Provincial de Lugo créase esta orquestra coa intención de promocionar os elementos singulares da Ribeira Sacra ( paisaxísticos, etnográficos, históricos) utilizando como vehículo a música jazz, camiñando en paralelo tradición e modernidade. Iñaki Askunze e Miguel Rodríguez son dous músicos ligados á pedagoxía músical e a creación de orquestras de jazz. Iñaki é profesor no Conservatorio Superior de Música do País Vasco (Musikene) e do Conservatorio Superior de Música Pablo Sarasate, director da Pirineos Jazz Orquestra. Miguel é profesor de música nun Instituto de Ensino Secundario, director da orquestra de jazz Big Band Tejina de Santa Cruz de Tenerife (coa que participou en numerosos concertos organizados polos concellos de La Laguna, Puerto de La Cruz, Santa Cruz de Tenerife, etc… así como participa no 1º Festival de Jazz de La Laguna 1990), e da orquestra de novos talentos Nenos No Jazz de Pontevedra coa que ten grabado 3 CD nos anos 2004, 2010 e 2015 e participando en numerosos concertos programados polos concellos de Pontevedra, Monforte de Lemos, Villalva-Madrid, Festival Internacional de Jazz Imaxinasons de Vigo, Universidade de Vigo, etc… Iñaki Askunze encárgase da composición e Miguel Rodríguez da dirección. Os seus temas veñen do jazz pero ten aires de swing, funky, samba ou rock e respectan as particularidades de cada instrumento que intervén na súa presentación.
A iniciativa quere ir da man do sector vitícola, do denominado enoturismo. Para iso, temos contactado cos responsables dos concellos da Ribeira Sacra e con bodegas da denominación de orixe
Ribeira Sacra Jazz Orquestra quere ser: A banda sonora da denominación de orixe RS. A orquesta do “Gran Teatro Os canóns do Miño e Sil”